Metodología de fútbol

Toni Cortés: “Gran parte da poboación de Angola non pode acceder nin a ter unhas botas ou un balón de fútbol”

En la entrada de hoy subo la entrevista que me hicieron en el prestigioso diario «Que Pasa Na Costa»…dejo además link de la noticia al final de la entrada.

Espero que os guste.

Viva la AFA

Segue en marcha o proxecto solidario do equipo de QPC coa colaboración de Julio Vila para levar un mar de botas de fútbol e balóns a Angola. Xa temos varios puntos de recollida abertos sendo moitos os equipos do Fútbol da Costa e as xentes da bisbarra que están achegándonos ese par de botas que está en bo estado, pero fica esquecido no faiado.

Hoxe queremos coñecer a un dos culpables desta iniciativa. Toni Cortés traballa na Academia de Futebol de Angola e gracias á súa colaboración, o material colleitado poderá chegar aos pés de ducias de rapaces de Luanda e arredores.

Profesionalmente foi unha gran experiencia poder participar no I Congreso de Fútbol Concello de Carballo organizado por Fútbol Táctico e QPC o 3/4/5 de xuño do 2006 e un recoñecemento por parte da organización en poder presentar o proxecto que estamos desenvolvendo en Angola. Formarse con grandes profesionais do mundo do fútbol, que estiveron no evento (Juanjo Vila, Víctor Paredes, Paulo Noga, Luís Llopis, Amalia Revuelta, etc), foi unha gran aprendizaxe e moi positivo.
Estiven en Carballo en diferentes ocasións, xa que me une unha profunda amizade con Juanjo Vila (director da revista digital de Fútbol-Táctico). Un lugar onde me sinto feliz e é unha delicia pasear polo río de Anllons, o refuxio de Verdes, praia de Razo, Caión…etc.

A miña incorporación ao proxecto é unha historia que normalmente non acontece no mundo do fútbol, onde na maioría de ocasións selecciónase por amizades e relacións.
O dono do proxecto, o expresidente da República de Angola o Excelentísimo Enxeñeiro José Eduardo dos Santos orientou ao director xeral que o seu director técnico tiña que ser de Barcelona (polo xogo mostrado polo FC Barcelona de Pep Guardiola) e español (polos éxitos da selección nacional de España).
Con esta orientación o director xeral do proxecto, o Sr José Luís Garrido, seleccionou a diferentes candidatos de Barcelona, polas recomendacións de Albert Roca (ex preparador físico do FC Barcelona) e desprazouse a Barcelona a entrevistarse cos profesionais seleccionados. Fixen a miña presentación e expliquei o que podía aportar a este proxecto formativo e fun seleccionado.

Despois como último paso despráceme a Luanda a coñecer a cidade, as instalacións e presentar o meu proxecto formativo ao patrono de AFA. En agosto do 2013 incorporeime como Director Técnico da Academia de Fútbol de Angola

 

Licenciado en Educación Física con Maestría de Fútbol polo INEFC de Barcelona, son Adestrador Nacional de Fútbol “UEFA-PRO-Nivel-3. Fun Técnico Deportivo Superior en Fútbol no Consello Superior en Deportes, e son Catedrático de Educación Física do Departamento de Ensino de Cataluña. En materia futbolística, fun Segundo Adestrador da Selección Catalá absoluta de Fútbol do 1995 a 2005 (e Coordinador da base durante 3 anos), ademais de pasar polo Metallurg Donetsk, equipo da primeira división da liga Ucraniana; o C.E. Europa e o Cornellá de 3ª División, e preparador físico no Nàstic de Tarragona de 2ª B. Tamén impartir clases na Universidade Ramon Llull e na Federación Catalá de Fútbol:

Agradezo e felicito a Fútbol dá Costa por esta iniciativa desinteresada para axudar aos futbolistas angolanos.

Esta campaña vai aportar para os mozos de Angola material deportivo que permita mellorar as pésimas condicións que teñen os xogadores e equipos de barrios.

 

 

O fútbol en África vívese dunha forma moi apaixonada. É o deporte rei por excelencia e sempre están xogando en calquera parte. Organizan xogos con porterías pequenas e xogan horas e horas ao fútbol.

Angola é considerada como unha das cidades máis caras do mundo cuns prezos moi elevados e ten a herdanza dunha guerra civil que fixo moito dano á poboación. O material deportivo é moi caro e gran parte da poboación non pode acceder a ter unhas botas ou balóns para xogar. Por estes motivos é tan necesaria a axuda para que estes nenos.

Agradecemos e damos as grazas a Costa da Morte por este bonito xesto desinteresado para os futbolistas de Angola.

Link de la noticia

https://quepasanacosta.gal/toni-cortes-gran-parte-da-poboacion-de-angola-non-pode-acceder-nin-a-ter-unhas-botas-ou-un-balon-de-futbol/


Autor: TeamBCN | Artículos

Salir de la versión móvil